Adicado a Lois Pereiro

Día das Letras Galegas – 17 de Maio de 2011

“…Porque Lois era sempre o que ía diante. Daba a sensación de que manexaba unha radiofonía secreta e que as cousas que valían a pena no mundo o tiñan elixido a íl como primeiro depositario, ao igual que os tesouros antigos estaban protexidos por un ‘encanto’. Aprendemos algo daquela. Non había que se preocupar polas modas. O que cumpría era seguirlle os pasos a Lois. Escoitar a súa música. Ler os seus libros. Ver as súas peliculas. Telo ao lado para espantar o frío. Non había nel nada de guru. Era só un rapaz enxoito e desperto que andaba ás zancadas pola beira curiosa da vida, con aquel seu abrigo que parecía herdado de Samuel Beckett.”

“…Pero quen pense nun Lois refuxiado en si mesmo ou rabiosamente introvertido vai moi equivocado. Era un revolucionario. Un verdadeiro anarquista, alérxico a todo tipo de opresión. A súa mirada, con esa mestura luminosa de intelixencia e humor, deixaba nuo a calquera emperador. Manexaba a ironía como un esconxuro. E non perdía moito tempo cos miserables que nolo rouban. O seu carácter brillaba polos kilates de tenrura que destinaba aos seus, a todo aquilo que el tanto quería. Hai unha estreita relación entre a dor e a desolación que expresan os seus poemas e o seu engado polos “marabillosos detalles” que conforman ese froito perecedoiro chamado vida.  Como un menciñeiro, nomeaba o mal para mantelo a raia.”  Manuel Rivas        

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s