Mulleres coraxe: a pedagoga Antía Cal

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña adicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe. E neste blog escollemos á pedagoga galega Antía Cal por mostrar o valor, a enerxía, a vontade e o entusiamo para afrontar as situacións máis difíciles e adversas sendo capaz de romper os moldes establecidos da súa época.

Antía Cal

Antía Cal Vázquez

Antia Cal Vázquez

Pedagoga, precursora da escola do século XXI. Implantou unha auténtica educación integral para a ciudadania. Nacida nunha familia de emigrantes orixinaria de Muras (Lugo), aos nove anos volve a Galicia coa súa nai e irmáns a levar adiante os seus estudos en España. O pai permaneceu na Habana traballando para o sostemento económico. Fixo o bacharelato no Colexio Dequidt da Coruña e estudou Xeografía Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

En 1961 coa axuda económica dos seus pais e o seu esposo abriu na rúa Pizarro (en Vigo) a Escola Rosalía de Castro. Un colexio que non só foi pioneiro en Galicia pola súa innovadora concepción pedagóxica (escola laica, mixta, igualitaria e aberta) senón polo seu carácter bilingüe, trilingüe na práctica. O Rosalía foi en Galicia un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas e pioneiro na introdución do galego na educación, as súas aulas tiñan os nomes de personalidades da cultura que representaban toda unha bandeira social e política. Claramente aliñado coa filosofía do Pestalozzi e o colectivo catalán ” Rosa Sensat” movemento de renovación pedagóxica.

imagenProducto“…Inaguramos o colexio Rosalía de Castro no ano 1991…os seus fundamentos básicos, que seguen presentes, e que dende o primeiro momento orientaron o noso camiño:
-A escola está formada por alumnos, educadores e pais.Todos deben participar na actividade educativa…
– A escola é unha fábrica de pensamento, de vías de razaoamento, de creación e de tolerancia…
-Atención á persoa como individuo…
-A escola debe ser interdisciplinar…
-A reafirmación da lingua é fundamental como vehículo de expresión…
A educación conxunta de ambos os sexos facilita a tolerancia..
-O traballo en equipo, para conseguir metas comúns…
Debo recoñecer que naquel momento este delineamento chocaba bastante coa Administración. O feito de ser un colexio privado axudaba, pero mirábamos con moita desconfianza. Os atrancos foron moitos. Algunas veces, auténticas mexericadas. Outros, máis graves. Pero saímos adiante …anínda que nos sentísemos ás veces soas, case perdidas, no medio daquel  ermo cultural, intelectual e político que era o franquismo…”

“En educación, cualquier tiempo que se pierda, en realidad se gana; no importa que el beneficio tarde, con tal que se alcance.”  Juan Enrique Pestalozzi

“La libertad es una conquista a la que el hombre llega por medio de la educación y la cultura”. Rosa Sensat

Para máis información sobra a programación das Bibliotecas Municipais para este Día Internacional da Muller, podedes consultar o noso wiki e o noso catálogo.

Catálogo

Anuncios

2 pensamientos en “Mulleres coraxe: a pedagoga Antía Cal

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s