Nun blog como este, adicado á lectura breve, non podiamos esquecernos dos aforismos, un xénero que parece estar vivindo un rexurdimento grazas a twitter e outros servizos de microblogging, xa que a súa forma de expresión tan condensada faino moi apropiado nestes medios.
Neste vídeo tedes unha pequena masterclass, de só 4 minutos, na que o propio autor fala desta relación entre os aforismos e twitter:
Masterclass: «Filosofía uno, cuatro, cero», por Benjamín Prado
A primeira referencia ao termo aforismo ven de Hipócrates, quen o empregou en referencia a unha serie de afirmacións sobre a sintomatoloxía e diagnóstico de doenzas. Posteriormente, esta forma de expresión foise estendendo a outros eidos da ciencia e xeneralizouse o seu uso.
Segundo o define o Dicionario da Real Academia Galega, un aforismo é un enunciado conciso e breve, que pode estar fixado ou non na forma e que resume un punto esencial dunha ciencia, filosofía, moral etc.
Este libro é unha escolma de textos de Benjamín Prado editada por Julio César Galán extraídos de artigos periodísticos, novelas e de textos inéditos. No epílogo, o editor reflexiona sobre estes aforismos baixo o suxestivo epígrafe de “relámpagos del pensamiento, cohetes reflexivos”. Nunha primeira achega ao concepto, ofrécenos a definición do propio Benjamín Prado “una mezcla de sugestión y observación” e a máis formal de Julio Casares: “una sentencia, breve y doctrinal que se propone como máxima”. Trátase dunha forma con forte presenza e rica tradición na nosa literatura, tanto española como galega (Castelao, por exemplo).
Estes textos suxiren tanto o mais do que din. A súa temática é moi variada, dende a ironía e o humor á reflexión filosófica pasando por outros cunha forte carga lírica, dependendo do medio expresivo onde se encadren. Amosan tamén a ideoloxía social e política do autor, nunha ética persoal que está de costas á maioría, como afirma contundente aquí:
En esta vida uno sólo puede avanzar hacia sí mismo nadando contracorriente
Benjamín Prado é un prolífico escritor de novela, ensaio e poesía que recibiu diversos premios, entre eles o Hiperión de poesía no 1995, e a súa obra tradúcese a diversas linguas e publícase en moitos países. Algúns críticos refírense a el como mestre da metáfora.
Se lestes algunha das súas novelas, a lectura destes aforismos pode que vos lembre a Juan Urbano, alter ego do autor nacido en “Mala gente que camina”, profesor e filósofo doméstico degustador da cultura chinesa e personaxe moi sentencioso.
Aquí vos propoñemos unha pequena mostra para animarvos á súa lectura:
Ningún viento devuelve las hojas a los árboles
Leer es recordar lo que no ha sucedido
Escribir es soñar y que otros lo recuerden al despertar
*
El dinero es el lenguaje del diablo
Un mercado libre es una suma de ciudadanos presos
La miseria sólo se puede multiplicar por cero
*
Empatar es repartirse la derrota
Oír un río es escribirlo al revés
La rutina es la ruina con un árbol en medio
*
Si quieres oír, escucha
Todo el mundo duda, excepto los idiotas
Ser feliz es no querer ser otro
Para rematar, nesta breve entrevista o autor fala da súa relación coa escritura:
http://www.youtube.com/watch?v=XCqtk2gF_5c
E se esta lectura se vos fixo demasiado curta, lembrade que nas nosas bibliotecas atoparedes mais títulos de Benjamín Prado:
Pero, sobre todo, lembrade que
Los libros no perdonan jamás a quienes
no los han leído