Manuel María: Día das Letras Galegas 2016

Como cada ano, e como cada día, sumámonos a esta iniciativa de honra das nosas Letras e da nosa Lingua con un sinfín de actividades nas nosas bibliotecas e unha antoloxía de materiais que vos permitirán achegarvos á figura de Manuel María para levar en préstamo.

A06FC5A8-1C98-4771-9F1D-28C464D6DDD6_zps2lewtc0mManuel María; (Outeiro de Rei 1929 – A Coruña 2004)

Eu son de Outeiro de Rei,
viliña da Terra Chá,
onde aprendín a viver
e a soñar con libertá.

Teño dous grandes amigos
de trato noble e sinxelo:
¡o caudaloso Pai Miño
e o regato de Cepelo…!

Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escreber.

En Lugo atopei, pra sempre
o meu amor, que é Saleta:
¡comigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!

Casamos. Quixo o destino
-ou cecáis a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.

Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros…

Profesión…¡procurador!
Ando a exercer como tal
pro sempre usei dese oficio
dun xeito limpo e cabal.

Hai quen dí que son autor
prolífico e incontinente.
¡Ben o sinto! ¡E teño mágoa
de non ser máis competente!

Pra que os leades na casa
e os disfrutedes na escola
escribín con moito amor,
os meus Soños na gaiola.

E aquí sigo: ledo, ufano,
satisfeito de estar vivo.
Mentras o tempo me gasta:
¡paseo, leo e escribo…!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s