“En un París bloqueado, hambriento, agonizante, los gorriones escaseaban en los tejados y las alcantarillas se despoblaban”
Así comeza o conto de Guy Maupassant que comentamos na sesión do clube dos xoves na Biblioteca Castrillón.
Dous personaxes alleos ás loitas políticas, sen outro desexo que o sinxelo pracer de pescar e pasar horas xuntos, falando ou en silencio, protagonizan esta historia.
Na miña opinión, é un conto que deixa ver a inxustiza das guerras e dos conflitos políticos case sempre alleos ao pobo, pois tan só quere vivir en paz e disfrutar de pequenos praceres da vida.
Os protagonistas, aínda que discrepan nas súas ideas, son quen de gozar de estar xuntos e de compartir o interés pola pesca, o que contrasta e fai ata grotesco o fanatismo dos soldados.
Guy Maupassant foi autor principalmente de contos, entre os que destacan os de terror á altura de Edgar Allan Poe, aínda que publicou tamén seis novelas que podes atopar na túa Biblioteca.