Ciclo Temático: Emilia Pardo Bazán e o seu tempo

Dende a Biblioteca Fórum Metropolitano dende o 20 de setembro e ata o 15 de decembro teremos un novo ciclo temático, Emilia Pardo Bazán e o seu tempo, que centraremos na época que lle tocou vivir incluíndo lecturas, contexto histórico xeral e a súa relación amorosa e epistolar co escritor canario Benito Pérez Galdós.

Ao cumprirse o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, A Coruña, cidade que a vira nacer, entrégase a unha homenaxe que intenta achegarse a todos os ámbitos polos que transitou esta prolífica escritora.

A partir de 1890 Emilia Pardo Bazán deixou atrás o naturalismo e explorou o idealismo e simbolismo. Xa separada do seu marido, a escritora continuou reuníndose e nutríndose dos intelectuais da época e das correntes artísticas. A súa obra comezaba a ter un claro compoñente feminista nunha loita incansable pola emancipación social e intelectual da muller.

Con Galdós, por entón próximo tamén ao naturalismo, xa mantivera previamente unha relación literaria. A confirmación desta relación que durará máis de vinte anos e os seus detalles, reveláronse a partir de 1970 tras a publicación de 32 cartas inéditas de Emilia a Galdós.

Dentro deste ciclo están programadas unha serie de actividades complementarias para público infantil e adulto (un faladoiro, un contacontos e unha presentación literaria) das que tes máis información ao pé de páxina. Non as perdas!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s