Libros para ler no mes do amor

Os antigos gregos dixeron que o amor é a forza máis poderosa do Universo, xa que move incluso a vontade máis forte e non hai un recuncho onde non se sinta.  É tan forte que é o unico sentimento que ten un día propio no calendario. Así que unha pandemia non pode vencelo nin rachalo, porque o amor é antiviral e curativo, un tónico universal de ánimas e corpos.

Para demostralo, traémosche unha selección de novelas modernas sobre o amor que podes descargar da nosa biblioteca dixital.  Déixate liberar polas ás de Cupido nestestempos de encerro.

 

La madre de Frankenstein. Almudena Grandes

Madrid nos anos cincuenta do século XX. Tempos duros para unha historia de amor fora do común.

 

 

 

Ámote. Xosé Carlos Caneiro

Quere ser a novela de amor da literatura galega contemporánea. Está nas máns do lector saber se cumpre o seu obxectivo.

 

 

 

El mapa de los afectos. Ana Merino

Varias e diversas historias dunha comunidade, rural, onde o afecto, en todas as súas variantes, é o fío que as sustenta i entrelaza.

 

 

 

Quérote. Eu tampouco. Cecilia F. Santomé

Dúas persoas á deriva que se atopan nas rúas dun Londres vitalista que pode ofrecerlles unha nova oportunidade.

 

 

 

Una sirena en París. Mathias Malzieu.

Atoparse unha sirea ferida na ribeira do Sena é soamente a primeira sorpresa desta imaxinativa historia de amor.

 

 

 

Como en Alxeria. Xosé Ramón Pena

Se mixturamos amor é política revolucionaria na Galicia franquista dos anos sesenta, ¿Qué pode saír mal?

 

 

 

Stella. Takis Würger

Novela que levantou polémica en Alemania. Historia de amor y conflicto moral no triste episodio da caza dos xudeus polo nazismo.

 

 

 

El amor según Mafalda. Quino

E para rematar, a peculiar, profunda e tenra visión do amor por un dos persoaxes máis queridos e inesquecibles do comic mundial.

 

 

 

 

Receitas para cocinillas

Nestes días de hostelería pechada, no que moitos soamente podemos conseguir bo xantar por encarga, porque somos mancos e cegos na cociña, é bo momento  para comezar a perder o medo ás potas e fornos. Para iso, recomendamos hoxe unha serie de libros para novatos no arte culinario, que vos guiarán polo mundo dos cocidos, frituras e outras mixturas que poñer nun prato para sentirse todo un chef.

Todos eles podedes descargalos en Galicia Le, a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas.

O título xa o di todo, máis de 1000 receitas para aqueles que nunca fritiron un ovo na súa vida ou fanse unha lea cos bocadillos de chourizo. O mellor manual para comezar cos fogóns.

Cociña sinxela e saborosa para xente con présas ou que non ten tempo nin ganas de estar agardando ante as luces da vitrocerámica.

Non podía faltar a presenza do programa líder na TV sobre cociña. Un manual perfecto con técnicas e receitas para aprendices que queiran concursar na casa.

As personas aprendices con celiaquía tamén teñen dereito a cociñar receitas sinxelas e saborosas. Pratos sin gluten para todos os padais famentos de boa gastronomía.

E se es un chapuceiro cos fogones non hai problema. Este libro sálvache a vida. Receitas moi sinxelas con poucos ingredientes. 

E non esquezamos a repostería e as súas delicias. Neste obra, ademáis, temos receitas de postres saludables, ¿Quen pode pedir máis?

Alejandro Carneiro

Obxectivo Bibliotk en tempos de corentena

Obxectivo Bibliotk é un programa que funciona con moito éxito na Biblioteca Castrillón dende o ano 2013. Ao longo deste tempo tentamos manter o contacto coa rapazada de 8 a 12 anos e darlles a oportunidade de participar na súa biblioteca nunha idade na que xa son maiores para acudir ás sesións de contacontos. Estes rapaces e, sobre todo, rapazas, están sempre dispostas a involucrarse con nós nas tarefas que lles propoñemos e, obviamente, a compartir lecturas.

A situación de corentena que acabamos de vivir colleunos a todas por sorpresa e dun día para outro obrigounos a pospoñer os plans que tiñamos para o remate deste curso. Con todo, foi un momento no que non quixemos perder o contacto coa xente que máis nos importa, en entre elas, as nosas ben queridas “obxectivas”.

Así que aproveitando esta situación na que tiñamos máis tempo libre que nunca antes nas nosas vidas, seguimos quedando os mércores ás 5, coma sempre. Grazas a Internet tivemos unha fiestra sempre aberta á comunicación.

O primeiro que fixemos foi, por suposto, falar de libros. Aínda que tiñamos algúns na casa, tamén seleccionamos propostas das plataformas dixitais Galicia Le e ebibliodacoruna, que nesta temporada tanto aumentaron o seu uso. E tamén recomendamos recursos virtuais para facer máis levadeiro o tempo na casa.

Dende o comezo deste curso falamos nas sesións presenciais dos bookface. O xogo, que inventou un bibliotecario de Nova York, consiste en compartir fotos nas redes sociais encaixando a cara ou outra parte do corpo na portada dun libro. É unha maneira divertida de promocionar libros de forma creativa. O tempo da casa permitiunos idear algunhas imaxes moi chulas para os nosos #bookfacefriday, o cancelo que se usa para as publicacións dos venres. Gústanos achegar e recomendar libros como unha fonte de pracer para as nosas vidas.

Moitas celebracións tiveron que quedar postergadas pero o Día do Libro é unha data que non se pode deixar pasar sen facer algo especial. Este ano non puidemos agasallar exemplares ou organizar contacontos como noutras ocasións pero dende a casa tamén participamos facendo as nosas propostas coa canción oficial do confinamento.

Outra celebración importante que quedou oficialmente adiada ata o 31 de outubro foi o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. Obxectivo Bibliotk sumouse á campaña “Desconfinar a lingua” organizada polas Bibliotecas Municipais. Esta campaña buscaba dar a coñecer, usar e vivir a lingua con normalidade, e tamén dar visibilidade á produción literaria en lingua galega. Foron moitas as persoas que se animaron a fotografarse con recomendacións de libros en galego, nós nos podiamos deixar de participar na festa da nosa lingua.

Agora, que xa pasou o peor e imos incorporándonos pouco a pouco ás rutinas a.C. (antes do coronavirus), dámonos conta de que de todas as situacións se poden sacar experiencias positivas. Seguramente algo que aprendemos é a dar máis valor ás pequenas alegrías cotiás nas que antes non reparabamos: estar coa xente querida, saír cando nos pete, observar os primeiros brotes da primavera, quedar cos amigos, unha aperta ou un bico, ir á biblio… Por iso animamos ás nosas axudantas e ás súas familias a que nos falasen precisamente diso, a salientar os momentos de felicidade.

Temos que agradecer a boa disposición tanto das rapazas como das súas familias, sen as que sería imposible manter esta relación dende os fogares. Somos afortunadas de contar cunhas cómplices taaan animadas.

E a partir de agora esperamos as vosas peticións na biblioteca, non deixedes de chamar e gozar das lecturas.

“Dos amigos”Guy de Maupassant

 

“En un París bloqueado, hambriento, agonizante, los gorriones escaseaban en los tejados y las alcantarillas se despoblaban”

Así comeza o conto de Guy Maupassant que comentamos  na  sesión do clube dos xoves na Biblioteca Castrillón.

Dous personaxes alleos ás loitas políticas, sen outro desexo que o sinxelo pracer de pescar e pasar horas xuntos, falando ou en silencio, protagonizan esta historia.

Na miña opinión, é un conto que deixa ver a inxustiza das guerras e dos conflitos políticos case sempre alleos ao pobo, pois tan só quere  vivir en paz e disfrutar de pequenos praceres da vida.

Os protagonistas, aínda que discrepan nas súas ideas, son quen de gozar de estar  xuntos e de compartir o interés pola pesca, o que contrasta e fai ata grotesco o fanatismo dos soldados.

Guy Maupassant foi autor principalmente de contos, entre os que destacan os de terror á altura de Edgar Allan Poe, aínda que publicou tamén seis novelas que podes atopar na túa Biblioteca.

Casa Tomada Julio Cortázar

“Estábamos bien, y poco a poco empezamos a no  pensar. Se puede vivir sin pensar?”

No club de lectura de clásicos da biblioteca Castrillón estes días de confinamento lemos Casa Tomada, relato de Cortázar que forma parte de “Bestiario” publicado por vez primeira en 1951.

É un conto curto e intenso que, como a nosa vida agora, ten lugar nun espazo reducido e concreto, unha casa, e un espazo abstracto, o mundo está fóra.

Pouco a pouco a casa é tomada por algo, por alguén … esta historia deu lugar a unha serie de interpretacións ás que Cortázar só ofrece unha:

“Casa tomada es el resultado de una pesadilla. Yo soñé ese cuento…”

O devagar da vida, as rutinas, os medos, as lembranzas dos dous irmáns mistúranse  gracias ao realismo máxico de Cortázar ata  un desenlace sorprendente…

Beatriz Teijeiro