Versos en movemento. Rosalía de Castro

dfasdfa

Desde o noso blogue e dentro da mostra bibliográfica “Versos en movemento” queremos facer unha homenaxe á célebre poetisa galega Rosalia de Castro cun dos poemas incluído no seu libro Cantares Gallegos, “Alborada“, interpretado por Carlos Nuñez e Fernanda Cabral, que nos fai sentir a alegría do novo dia cunha perfecta unión poética e musical.

Vaite, noi-
te,—vai fuxin- do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!…

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal…!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal…!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

IMG_7554

Podedes ver máis información sobre a mostra bibliográfica “Versos en movemento” na Biblioteca do Forum Metropolitano ou visitando o blogue Blog de los Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.

O día 21 de marzo, Día Mundial da Poesía temos preparado un recital poético musical : A forza da Palabra no ritmo do Silencio.

cartel_nuevo_recital

 

Anuncios