Versos en movemento. Rosalía de Castro

dfasdfa

Desde o noso blogue e dentro da mostra bibliográfica “Versos en movemento” queremos facer unha homenaxe á célebre poetisa galega Rosalia de Castro cun dos poemas incluído no seu libro Cantares Gallegos, “Alborada“, interpretado por Carlos Nuñez e Fernanda Cabral, que nos fai sentir a alegría do novo dia cunha perfecta unión poética e musical.

Vaite, noi-
te,—vai fuxin- do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!…

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal…!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal…!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

IMG_7554

Podedes ver máis información sobre a mostra bibliográfica “Versos en movemento” na Biblioteca do Forum Metropolitano ou visitando o blogue Blog de los Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.

O día 21 de marzo, Día Mundial da Poesía temos preparado un recital poético musical : A forza da Palabra no ritmo do Silencio.

cartel_nuevo_recital

 

Anuncios

#rosaliasempreporque

Este ano cúmprense 150 anos de “Cantares Gallegos” e a Editorial Galaxia bota a andar un novo concurso en twitter para conmemoralos coma xa fixeran co concurso en twitter arredor de ‘O Principiño’.

Rosalia de Castro

Como na vez anterior, todos os tuiteiros están convidados a publicar os seus #rosaliasempreporque completando o chío e explicando porque a súa obra sempre estará con nós, ou por que é tan importante para nós.

#rosaliasempreporque

E para nós #rosaliasempreporque

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corazón.
I
Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas,
fanse ináis duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,
aló nas tardes escuras,
fanse máis cortas as risas,
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis á noite agarda.

E para vos, #rosaliasempreporque ???