“Porque los pequeños detalles no están hechos para ser advertidos”


Hoxe vos propoñemos un fermoso libro para tódalas idades, unha verdadeira delicatessen. Confeso que o único que non me gusta del é o título, “Los pájaros”, porque acórdame desa terrorífica imaxe da película de Hitchcock que está xusto nas antípodas do feliz espírito deste conto.

“Los pájaros” ofrécenos unha sinxela historia dunha das caras do amor, a amizade, cun estilo fresco e leve, intelixente e cheo de humor. Faino básicamente a través da imaxe, só apoiada nalgunhas páxinas por frases curtas que lle outorgan a narración unha suave cadencia poética.

Imagen

As ilustracións, inundadas de cor amarela e azul, transmítennos sensacións de ledicia e harmonía co mundo. Agardamos que coa súa lectura voedes da man dos seus simpáticos protagonistas cara a ese horizonte azul aberto á felicidade.

Se queredes saber máis sobre esta afortunada parella creativa formada por Germano Zullo e Albertine, aquí tedes as súas premiadas bios: http://librosdelzorrorojo1.blogspot.com.es/2014/03/germano-zullo-y-albertine.html

“Los Pájaros” foi premiada no 2011 co Premio Sorcières que outorga a Asociación de Bibliotecarios Franceses e Librarías Especializadas.

Dos mesmos autores, temos tamén “La playa” e “Marta au pays des montgolfières”.
Se vos gustou este libro, poida que vos guste tamén “Sencillamente tú” de Jutta Bauer e Heinz Janisch.