#DesconfinarALingua : Letras Galegas 2020 – Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 30 de octubre de 1910 – Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1990) é o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas.

Ferrol 1916
Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o Campinho,
e por diante para a rua de Sam Francisco.

No segundo vivia a minha tia aboa:
Tiña unha peza cheia de paxaros disecados
que só abria os dias de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.

Ainda vivia minha mãe
e todos os meus irmaos viviam,
e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro,
e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego.

Na casa tinhamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o mue pai era novo ainda
e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha.

Via o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola,
e duas vezes rubia-os de volta.

As mulheres entom usavam capa e corsé,
e íamos à aldeia em coche de cavalos,
e a rua estava ateigada de pregons de sardinhas
e de ingleses que vendiam Bíblias.

Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morreria.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.

Todo isto fica tam longe
que aduro podo ainda lembrá-lo.
Esqueceria-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.

A minha embala – Maria Silêncio (letra de Carballo Calero)

Ricardo Carballo Calero é protagonista este ano do día Das Letras Galegas e da nosa campaña “Desconfinar a Lingua”

Vimos dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa nas nosas vidas, confinados e confinadas do tacto e da conversa directa. Este confinamento afastounos de moitas cousas, mais estamos a comezar un tempo novo. Nesta nova normalidade hai unha ferramenta humilde e simple que nos acompaña: as máscaras. Que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas. Este 17 de maio tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

  • Desconfinar a lingua é descubrir toda a creación que se pode desfrutar en galego.
  • Desconfinar a lingua é, con Carvalho Calero, aproveitarmos o vínculo directo de galego e portugués para sentir un mundo de contidos e posibilidades.
  • Desconfinar a lingua é ir máis alá do coñecido e poñer o foco na creación máis viva e contemporánea.
  • Desconfinar a lingua é coñecela, poder usala, vivila con normalidade e sen filtros, en todos os ámbitos e situacións.
  • Desconfinar a lingua é mostrar a nosa cara este 17 de maio nas redes, con libros, discos, publicacións, filmes… na nosa lingua, como xeito de os mostrar, recomendar e dar a coñecer.

Desconfinar a lingua

#DesconfinarALingua Novas formas de expresión poética

Este ano celebramos o Día das Letras desconfinando a lingua, hoxe a protagonista é a videopoesía que veu para quedar. 

A revolución tecnolóxica na que o noso mundo está inmerso modificou diversos aspectos da nosa vida, e as expresións artísticas non son unha excepción.

No caso da poesía, que é a arte feita con palabras, a tecnoloxía altera o que se coñece como espazo de escritura convencional e dá o salto á pantalla.

Estamos a falar de experiencia multisensorial, formatos multimedia, unha amálgama de palabras, sons e imaxes en movemento dispostas na pantalla. Iso é a videopoesia, un xénero que veu para quedar.

Desconfinar a lingua

Moitos son os creadores que se expresan neste novo xénero. Un claro exemplo é Celia Parra, que interésase pola hibridación da poesía con outros formatos e especialízase en videopoesía como creadora, investigadora e docente. Impulsora e produtora executiva xunto con Belén Montero e Juan Lesta do documental Versogramas, considerado o primeiro documental do mundo ao redor do panorama internacional da videopoesía, foi publicado tamén en formato libro DVD pola Editorial Galaxia.

A autora #desconfinaalingua desde a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios e aos circuitos electrónicos. Unha voz poderosa en clave de “bit poético”00

Pantallas booktrailer 3: “Papel” from Celia Parra on Vimeo.