Manuel María: Día das Letras Galegas 2016

Como cada ano, e como cada día, sumámonos a esta iniciativa de honra das nosas Letras e da nosa Lingua con un sinfín de actividades nas nosas bibliotecas e unha antoloxía de materiais que vos permitirán achegarvos á figura de Manuel María para levar en préstamo.

A06FC5A8-1C98-4771-9F1D-28C464D6DDD6_zps2lewtc0mManuel María; (Outeiro de Rei 1929 – A Coruña 2004)

Eu son de Outeiro de Rei,
viliña da Terra Chá,
onde aprendín a viver
e a soñar con libertá.

Teño dous grandes amigos
de trato noble e sinxelo:
¡o caudaloso Pai Miño
e o regato de Cepelo…!

Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escreber.

En Lugo atopei, pra sempre
o meu amor, que é Saleta:
¡comigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!

Casamos. Quixo o destino
-ou cecáis a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.

Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros…

Profesión…¡procurador!
Ando a exercer como tal
pro sempre usei dese oficio
dun xeito limpo e cabal.

Hai quen dí que son autor
prolífico e incontinente.
¡Ben o sinto! ¡E teño mágoa
de non ser máis competente!

Pra que os leades na casa
e os disfrutedes na escola
escribín con moito amor,
os meus Soños na gaiola.

E aquí sigo: ledo, ufano,
satisfeito de estar vivo.
Mentras o tempo me gasta:
¡paseo, leo e escribo…!

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

1363088410_mVDW

Tal día como un 20 de marzo de 1963, tres miembros de la Real Academia Gallega presentaron una propuesta histórica: Que el día 17 de mayo de cada año se declarase el “Día de las Letras Gallegas” como fecha simbólica para “recolle-lo latexo material da actividade intelectural galega”.

Escogieron el 17 de mayo porque en ese mismo año se celebraba el centenario de la publicación de Cantares Gallegos y su primera homenajeada fue Rosalía de Castro.

Este año celebramos el Día de las Letras Gallegas homenajeando a Roberto Vidal Bolaño, posiblemente el dramaturgo más prolífero de nuestra literatura.

TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

O ANANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Pero só te poderásfacer con el se es quen de me falar nunhalingua que eu non coñeza. E coñézoas todas. Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, quechua… Veña, di algo! Se non o entendo, é teu.
O TATEXO: (Con grande esforzo) Poppoiis
nononon mememe popopoderei fafafafacer
cococon el.
O ANANO: Como dis? Repítemo outra vez,
por se non oín ben.
O TATEXO: Quequequeque nononon mememe popopoderei fafafafacer cococon el.
O ANANO: (Con asombro) Non pode ser.
O TATEXO: Oooooo qqqqque?
O ANANO: Non hai maneira! Non te entendo!
Non podes falar máis claro?
O TATEXO: Nonononon seseseñor.
O ANANO: Pois amoláchesme! Esa lingua
non a coñezo. Toma, aí o tes, o tesouro é teu.
(O rapaz, sen o crer alá moito, bótalles man
aos fíos todos e disponse a saír con eles
correndo)
O TATEXO: Momomomomomoitatatatas
gragragragracias.
O ANANO: Antes de que te vaias e, só por
matar o verme, en que lingua me falaches?
O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía
ser? En galego, naturalmente! Pero son tatexo
e ás veces entrampá-
llome un pouco. Aínda que non sempre,
como pode ver.
O ANANO: Serei
paspán! Como non
me decatei?

 

16_catalogo112111

Adicado a Lois Pereiro

Día das Letras Galegas – 17 de Maio de 2011

“…Porque Lois era sempre o que ía diante. Daba a sensación de que manexaba unha radiofonía secreta e que as cousas que valían a pena no mundo o tiñan elixido a íl como primeiro depositario, ao igual que os tesouros antigos estaban protexidos por un ‘encanto’. Aprendemos algo daquela. Non había que se preocupar polas modas. O que cumpría era seguirlle os pasos a Lois. Escoitar a súa música. Ler os seus libros. Ver as súas peliculas. Telo ao lado para espantar o frío. Non había nel nada de guru. Era só un rapaz enxoito e desperto que andaba ás zancadas pola beira curiosa da vida, con aquel seu abrigo que parecía herdado de Samuel Beckett.”

“…Pero quen pense nun Lois refuxiado en si mesmo ou rabiosamente introvertido vai moi equivocado. Era un revolucionario. Un verdadeiro anarquista, alérxico a todo tipo de opresión. A súa mirada, con esa mestura luminosa de intelixencia e humor, deixaba nuo a calquera emperador. Manexaba a ironía como un esconxuro. E non perdía moito tempo cos miserables que nolo rouban. O seu carácter brillaba polos kilates de tenrura que destinaba aos seus, a todo aquilo que el tanto quería. Hai unha estreita relación entre a dor e a desolación que expresan os seus poemas e o seu engado polos “marabillosos detalles” que conforman ese froito perecedoiro chamado vida.  Como un menciñeiro, nomeaba o mal para mantelo a raia.”  Manuel Rivas        

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.