Día do libro na Coruña: a cidade que le

Este venres comezamos a celebración do DÍA DO LIBRO cun catálogo de actividades, esperamos, para todos os gustos.

Mes do libro na Coruña: a cidade que le

Mes do libro na Coruña: a cidade que le

.: Consultorio de lectura
Desde o venres 19, e ata o martes 23, abriremos as portas do xa clásico Consultorio de lectura no que compañeiros expertos en lecturas cortas, cómic, literatura infantil, narrativa de terror, romántica, etc “recetarán” lecturas que alivian doenzas. Xa sabes: se tes algunha necesidade lectora ou unha leve dor literaria pásate por alí, os nosos bibliotecarios de cabeceira e os especialistas acabarán con elas.

.: Quedada lectora
O martes 23, ás 19h, xuntarémonos todos no Obelisco para ler en voz alta e de forma simultánea durante uns minutos. Xa o fixemos outros anos e queremos repetilo porque a experiencia foi fantástica.

.: Libros nas estacións de tren, buses e aeroporto
Repartiremos libros entre os viaxeiros desde as 12 e ata as 18 horas para que as vosas viaxes sexan máis levadeiras e amenas.

.: Visitas guiadas
Durante toda a semana as Bibliotecas Infantil e Xuvenil e Estudos locais convídannos a unha serie de visitas guiadas para descubrir os tesouros literarios infantís e o pasado e o futuro da nosa cidade, respectivamente.

Como novidade do 2013, entre as 19 e as 20 horas teremos, tamén no Obelisco:
.: un photocall no que ti serás a nosa estrela. Farémosche unha foto que despois poderás descargar desde a web
.: soltaremos ao aire globos con mensaxes. Achégate e elixe a túa
.: libros libres. Sabes que é o bookcrossing? Achégate e descúbreo.

A Coruña: unha cidade de novela, na Biblioteca Castrillón

A Coruña: unha cidade de novela, na Biblioteca Castrillón

Temos que celebralo, entre outras cousas, porque A Coruña foi un escenario de novela en múltiples títulos que recollemos na nosa wiki coa esperanza de que a completedes se vedes que falta algunha obra. En calquera das nosas bibliotecas veredes durante estes días unha ampla selección destas obras expostas

Actividades diversas e, esperamos, para todos os gustos nas que contamos con vervos a todos

Anuncios

Manifestación pública a favor de la lectura

Si piensas que la lectura es algo atractivo, necesario, divertido, que cura, que ayuda, que… Si piensas que es un preciado tesoro que hay que conservar, potenciar, reivindicar… no faltes!!! 
Un año más vez en la ciudad el GRAN CORO LECTOR!

Un año más, enmarcado en las celebraciones con motivo del Día del Libro,  las Bibliotecas Municipales de A Coruña organizan una manifestación a favor de la lectura, “Todos a una: leyendo juntos”, en donde pretendemos una imagen ilídica: toda una ciudad leyendo al mismo tiempo.

Tomad nota, os vemos el Lunes a las 19.00 para leer durante unos minutos en favor de la lectura, todos a una!

Y si todavía tuvieras dudas, mira nuestra última “QUEDADA”