#DesconfinarALingua Novas formas de expresión poética

Este ano celebramos o Día das Letras desconfinando a lingua, hoxe a protagonista é a videopoesía que veu para quedar. 

A revolución tecnolóxica na que o noso mundo está inmerso modificou diversos aspectos da nosa vida, e as expresións artísticas non son unha excepción.

No caso da poesía, que é a arte feita con palabras, a tecnoloxía altera o que se coñece como espazo de escritura convencional e dá o salto á pantalla.

Estamos a falar de experiencia multisensorial, formatos multimedia, unha amálgama de palabras, sons e imaxes en movemento dispostas na pantalla. Iso é a videopoesia, un xénero que veu para quedar.

Desconfinar a lingua

Moitos son os creadores que se expresan neste novo xénero. Un claro exemplo é Celia Parra, que interésase pola hibridación da poesía con outros formatos e especialízase en videopoesía como creadora, investigadora e docente. Impulsora e produtora executiva xunto con Belén Montero e Juan Lesta do documental Versogramas, considerado o primeiro documental do mundo ao redor do panorama internacional da videopoesía, foi publicado tamén en formato libro DVD pola Editorial Galaxia.

A autora #desconfinaalingua desde a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios e aos circuitos electrónicos. Unha voz poderosa en clave de “bit poético”00

Pantallas booktrailer 3: “Papel” from Celia Parra on Vimeo.

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Mañán, sábado 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas e nas Bibliotecas Municipais temos preparada toda unha programación arredor deste festexo.

xosemariadiazcastro

A figura homenaxeada este ano é Xosé María Díaz Castro, poeta nado en Parga (Lugo)

Da súa obra Nimbos destacamos os poemas; Nimbos, Esmeralda e Cova Alumada.

NIMBOS

Si é que o poema é só un nimbo de lus

que os ollos cegos póñenlles ás cousas

soñadas, ou amadas nas teebras”.

Das cousas que xa forom e se forom

Pro siguen senso e non se van xa máis,

Das sombras que, xogando cos meus ollos,

Na miña vida en lume se enxeriron,

Eu deixo eiqui os nimbos, coma cinza

De rosas que onte encheron de perfume

O mundo, morto xove, dalgun soño.

ESMERALDA

Herba perquerrechiña

Que con medo sorris

Ó sol que vai nacendo

E morrendo sen ti,

¿por qué de ser pequena

te me avergonzas ti?

¡O Universo sería

máis pequeño sen ti!

COVA ALUMANDA

¡Cruel, cruel, cruel

realidade!¡Ai Laio

sobre o escombro dun soño

que non se ergueirá máis!

Para aló do mundo, un sol

sen noite nin historia

busca a ruína esquecida

e énchea toda de gloria.

#m8mepresta

Se queres saber máis sobre este autor e todo o que preparamos nas Bibliotecas  Municipais visita a nosa wiki e desfruta tamén das mostras bibliográficas.

 

 

Catálogo