El mundo en femenino. Marilar Aleixandre

El próximo lunes 6 de febrero a las 20:30h, en Poetas di(n) versos podremos escuchar a Marilar Aleixandre, última incorporación femenina a la Real Academia Gallega.

El pasado 14 de enero la escritora e investigadora Marilar Aleixandre se convirtió en una de las 6 mujeres que son miembro numerario de la Real Academia Galega.

En su discurso pronunciado en su ingreso en la Academia “Voces termando da paisaxe galega”,  hace referencia a uno de los muchos episodios trágicos que tuvo lugar durante la Guerra Civil, siendo su víctima una mujer gallega, “A Capirota”

Dezaoito de agosto de 1936. O Pozo da Revolta, parroquia de Mogor, Marín. Na luz borrallenta da madrugada un mariñeiro de dezasete anos prepara a súa barca. Xurdindo da brétema unha visión estarrecedora.
A muller ía descalza e levaba o camisón manchado de sangue. Tamén as mans, e talvez por iso puido virlle á cabeza o día, había dous anos, no que o congro lle arrincara os dedos. Mais o sangue fluía do peito, dun ombro, a muller tiña todos os dedos nas mans que retorcía ansiosamente.
Un encontro lembrado, setenta anos despois, polo seu curmán para o entrevistador de Nomes e Voces, Andrés Domínguez Almansa:
Auxilios, auxilios, auxilios!
Era un chaval, era de noite e xa se sabía o… el asustouse e colleu e rema, rema, rema
a desviarse do choio, porque naqueles primeiros días era unha revancha, aquelo era criminal. O terror, sembraban o terror.
Nunca soubo o seu nome nin que foi dela, se chegou á casa ou se morreu desangrada entre os toxos.

Discurso, al que Fina Casalderrey, otra de nuestras grandes escritoras y académicas, respondió con una hermosa biografía de Marilar Aleixandre.

O seu pai, Miguel Jiménez Gan, era médico militar, circunstancia que influíu nos frecuentes cambios de domicilio. Del herdou Marilar ese espírito inconformista e aventureiro que a impulsa, dende ben nova, a andar polo mundo coa mochila cargada de decisión e coraxe: “invoco meu pai, o cirurxián a rachar costuras /as tesoiras esgazan a cicatriz /desbridar, chamábao el” (“Desbridar”, en Aleixandre 2016).

A súa nai, María Pilar Aleixandre Parra, muller de gran, aínda que fráxil, corazón –de feito morreu moi nova dunha grave doenza cardíaca–, malia estudar idiomas, dedicouse enteiramente ao coidado da súa numerosa familia…
Da súa nai, ademais da habelencia para as linguas, recibiu a filla o nome, María Pilar, e o sobrenome, Marilar.
Aos poucos meses de nacer Marilar, a primeira dos sete fillos do matrimonio, seu pai foi destinado a Valladolid. Pero os recordos non comezan a tatuarse na súa memoria virxe ata estaren instalados en Ceuta. Alí, na Praza de África, a cativa de menos de dous anos, quizais incentivada polo relato que os adultos construíran do feito, grava a escena dunhas tremendas inundacións: a auga subía varias cuartas no chan da cociña e as mulleres afanábanse en botar fóra coa vasoira aquela enchente, coma quen “achica auga da cuberta dun barco asolagado pola tormenta”, di ela. “Como se pode varrer a auga?” foi unha das súas primeiras observacións científicas.

Talvez esa inicial estrela no mar, que a súa inocencia desposuía de drama,
teña influído en facer dela unha muller forte e destemida, malia a súa aparencia
miúda, que non só lle perdeu o medo á chuvia moi cedo, senón que sente con
agarimo a paisaxe da chuvia e fai seus uns versos de Alberto Caeiro, heterónimo de Fernando Pessoa:

Um dia de chuva é tão belo como um dia de sol.
Ambos existem; cada um como é.
(“Poemas Inconjuntos”, Pessoa 1946)

El mundo en femenino. Marilar Aleixandre

cartel-001

El mundo en femenino. “O xogo das cadeiras”

Ya en el año 2011 un grupo de 52 poetas, narradoras, lexicógrafas, dramaturgas y estudiosas de la lengua gallega presentaron el manifiesto ‘O xogo das cadeiras’, con el fin de reivindicar que las mujeres ocupen más asientos y tengan más protagonismo en la Real Academia Galega.

En estos momentos son 6 de 30 las mujeres que ocupan los sillones de la RAG.

– Luz Pozo Garza (1996) – Xohanna Torres Fernández (2001) – Rosario Álvarez Blanco (2003) – Margarita Ledo Andión (2009) – Fina Casalderrey Fraga (2013) – Marilar Aleixandre (2017)

Las mujeres continúan sufriendo discriminación y es difícil encontrarlas ocupando cargos de alta responsabilidad tanto en instituciones públicas como en privadas.
cartel-001