#8mWirtz:Promoción Lectora

Dende a Biblioteca Municipal Forum, e baixo as nosas liñas de actuación, traballamos de xeito colaborativo co centro de secundaria da nosa área de influencia, o IES Fernando Wirtz na promoción lectora co alumnado dos primeiros cursos (1º e 2º). Movémonos tendo como base a crenza de que a biblioteca pública é unha institución educativa, por iso sempre concebimos a biblioteca -e así debe seguir-como un centro de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe no que as funcións formativas e informativas mestúranse con frecuencia. Partindo desa base pretendemos:

  • Contribuír a promover a formación de lectores selectivos e creativos.
  • Colaborar na formación de actitudes críticas fronte aos diversos materiais de lectura e aspectos xerais da vida.

Dentro desta perspectiva, o eixo transversal da liña de traballo da Biblioteca Municipal Forum co IES Fernando Wirtz este ano está sustentada na temática do 8M. A través de accións e liñas de traballo como a visibilización de materias bibliográficos (música, cine e libros); a recomendación de recursos e os encontros co alumnado en torno á promoción lectora trasladamos o contexto xustificativo da existencia do Día da Muller.

Este ano o vínculo presencial co alumando viuse afectado, como é lóxico, debido á delicada situación pola que estamos a atravesar como consecuencia da COVID, así é que nos vimos obrigados a transformar a proposta presencial coas, 4 clases de segundo, na biblioteca ao entorno virtual que foi toda unha experiencia e un reto.

Unha das accións foi, como xa dixemos, a xustificación e orixes do 8M así como a apertura de diálogo e debate constante co alumnado.

Presentación «#8MWirtz, día da Muller» para o alumnado de 1º e 2º da ESO

Para contribuír a concienciar sobre a importancia da igualdade de xénero e resaltar o papel da muller na sociedade compartimos frases escritas por mulleres de todos os ámbitos culturais e científicos e de diferentes épocas que convidan a reflexionar sobre estes aspectos e ao mesmo tempo poñen o seu gran de area á concepción do rol feminino desde outro punto de vista.

E que dende o propio IES Fernando Wirtz deixaron plasmadas de xeito visual nas escaleiras do propio centro.

Para completar a liña de accións trasladamos ao propio centro unha mostra bibliográfica baixo a temática do #8M, que non é máis ca unha pequena escolma que o alumnado se encargará de completar con aqueles outros títulos que consideran acaídos para a temática. Unha mostra que visibilizamos a través dunha pequena guía de lectura.

Deja un comentario